7 Mayo 2007
Seguro que se vos ocurren máis de 5 anuncios basados nun trozo dunha película coñecidos por todos, por exemplo, Matrix, que encabeza a nosa lista por tratarse da película máis utilizada para este tipo de anuncios, Big Fish, El Padrino, ou Náufrago.
Creo que é unha técnica moi acertada, porque teñen sempre certo toque de humor, ao tratarse dunha parodia, dun plaxio irónico, que nos chama a atención porque é facilmente recoñecido.
Déixovos aquí varios exemplos de anuncios basados na película Náufrago:
Aquí vai aprimeira,que a poño porque me pareceu moi graciosa ainda que é de peor calidade.
http://www.youtube.com/watch?v=vjnIIUZF6LA
A seguinte tamén representa unha escea na illa deserta.
http://www.youtube.com/watch?v=z9kiG300mFk
E esta última é quizáis a máis coñecida, que está basada no final da película.
http://www.publitv.com/?descarga=Fedex+%2F+Naufrago
Si se vos ocurren máis exemplos que vos gusten non dudedes en deixalos encomentarios!
servido por axa_publicidade-rrpp
2 comentarios
compártelo
29 Abril 2007
Unha das principais causas do éxito dos Relacións Públicas é enorme importancia da comunicación para o ser humano ao longo de toda a historia; non podemos nin imaxinar o que sería de nós sen ela, perderíamos a esencia de animais sociais. E os RRPP é a forma máis directa de comunicación entre ofertante e demandante.Tendo en conta a importancia que tena comunicación, o feito de que un determinado produto ou servicio teña unha boa imaxe e unha certa simpatía e moi favorable e incluso pode chegar a ser determinante no mercado.
E outra das causas fundamentais son o continuo aumento da necesidade de distinción entre produtos, traballo da prensa, da publicidade e dos RRPP principalmente, que aindatendo os tresmoito en común hai que diferencialos ben.
servido por axa_publicidade-rrpp
sin comentarios
compártelo
29 Abril 2007
Como estudiantes de publicidade e RRPP creo que debemos ter boas espectativas de cara ao futuro laboral. O traballo de Relacións Públicas é ainda un tesouro en bruto, sen explotar; un traballo cun fructífero futuro.
A comunicación en xeral está evolucionando a pasos axigantados, e coa comunicación os Relacións Públicas, xa que son unha forma de comunicación estratéxica.
Pasará o mesmo que co fenómeno da publicidade, cando se descubra o realmente importante que é para marcas, empresas, organizacións e demais a contratación de Relacións Públicas e esteña máis valorada e recoñecida a súa eficacia, será algo imprescindible, ou polo menos algo que distinga tanto como a publicidade, por suposto sempre sen perder valores básicos como a humildade, do que din que pecan algúns destes profesionais.
servido por axa_publicidade-rrpp
3 comentarios
compártelo
21 Abril 2007
Faigo un pequeno paréntese na temática publicitaria para falar do seu curmán Relacións Públicas. E comezo definindoo como un conxunto de accións de comunicación estratéxica coordinadas e sostidas ao longo do tempo, que teñen como principal obxetivo fortalecer os vínculos cos distintos públicos, escoitándoos, informándoos e persuadíndoos para conseguir consenso, fidelidade e apoio dos mesmos en accións presentes e/ou futuras.
As RRPP implementan técnicas de negociación, marketing, publicidade e administración para complementar e reforzar o seu desempeño no marco dun entorno social particular e único que debe ser estudiado con máximo esmero para que esas accións poidan ser ben interpretadas e aceptadas polos distintos públicos a quen se dirixe un programa de Relacións Públicas.
Pincha aquí para ver detalladamente a histora das Relación Públicas.
servido por axa_publicidade-rrpp
sin comentarios
compártelo
16 Abril 2007
Despois de todas estas campañas institucionais que comentei, dedicarei este espacio para falar da publicidade política.

¿Canto credes quegasta o goberno en publicidade? Pois neste ano invertirá nin máis nin menos que 268 millóns de euros nun total de 176 campañas. Pouco a pouco o Estado estase a dar conta da importancia da comunicación ata convertirseno gran anunciante do país, despois incluso de Telefónica, Procter & Gamble e El Corte Inglés (175 millóns; 102,8 millóns e 94,4 millóns respectivamente).
Algúns critican isto porque opinan que é unha cantidade excesiva, e que gasta o diñeiro de todos sin dar a cambio unha transparencia total. Pero o certo é que son campañas destinadas á promoción de hábitos saludables, coidado do medio ambiente, seguridade vial, promoción turística... e nunca ven mal unha información e educación adicional deste tipo.
servido por axa_publicidade-rrpp
sin comentarios
compártelo
14 Abril 2007
Non fai moito vin no telexornal que prohibían a emisión dun anuncio en Bélxica, por tratar á muller como un mero obxeto. Pero o quid da cuestión é que estamos ante unha campaña de marketig viral para chamar por completo a nosa atención, unha tomadura de pelo dende o principio ata o fin do spot, a sorpresa é que o que se promociona realmente é a tenda de alquiler de DVDs en línea dvdpost.be.
A idea é intencionalmente confusa. Fainos crer que se trata dun brutal e descomunalmente machista anuncio de alquiler de mulleres; mulleres de usar e tirar que chegan a túa casa envoltas nun paquete por pedido. Unha auténtica salvaxada, pero unha auténtica salvaxada se fose verdade. O que pasa é que estamos ante unha forma irónica para rirse do que pode chegar a pensar a nosa sociedade. É ridículo, pero eso é precisamente o que pretenden, ridiculizar a situación; poñer humor nun anucnio dunha simple empresa de DVDs. Ao principio estaba ata indignada de como podía haber persoas tan inhumanas, ata que me din conta de que eran os creativos os primeiros que se estaban rindo deles mesmos.
Aquí vos deixo o video para que opinedes por vos mesmos:
http://www.youtube.com/watch?v=vHTl5P5Ld3E&eurl=
servido por axa_publicidade-rrpp
2 comentarios
compártelo
11 Abril 2007
Como me parecen anuncios de moito interese, continúo con este tipo de campañas, centrándome agora nos que loitan CONTRA A DROGADICIÓN.
Déixovos este anuncio que me chamou especialmente a atención, porque creo que non se podeexpresar mellor o que a droga pode chegar a supoñer na vida dun drogadito, por moi duro que pareza. Recoñezo que ten que ser moi desagradable e facer pasar un trago amargo ás persoas que teñen familiares ou coñecidos metidos neste mundo, peroestá creado coa crueldade que quere reflexar e non podería ser doutro xeito.
http://www.youtube.com/watch?v=d8fnOeUHmLE&eurl=http%3A%2F%2Fwww%2Eimpesud%2Etv%2F2007%2F03%2F18%2Fcampana%2Dcontra%2Dlas%2Ddrogas%2F
servido por axa_publicidade-rrpp
1 comentario
compártelo
5 Abril 2007
E continúo con publicidade de imaxes duras que fan reflexionar sobre algún tema que preocupa na nosa sociedade. Neste caso:o consumo de tabaco.
Todos os anuncios intentan tocarnos no punto onde nos doe, para que así, durante un intre deixemos de facer o que estemos facendo e nos planteemos si merece a pena coller un pitillo. Que podedes decir do anuncio da rapaciña que fumaba non sei cantos paquetes ao día, porque era o equivalente a todo o fume contaminado que tiña que respirar do tabaco da xente que a rodea? Impresionante. Deixou a medio país coa boca aberta. E estou máis que segura de que moitos pais fuman menos diante dos fillos despois de ver ese anuncio, e os que o siguen facendo, síntense moito máis culpables.
servido por axa_publicidade-rrpp
1 comentario
compártelo